Archivos en el mes de Septiembre del 2006

Que triste

Onte no Faro de Vigo, publicaron unha nova, que decía así:

“La Xunta investiga un “posible cobro de sobreprecios” en viviendas de San Paio de Navia”

E me pregunto eu, “¿posible?“, cómo poden poñer eso?. Si xa todos damos por entendido que non hai outra forma de comprar vivenda. Se non fora por esos cartos, as constructoras non estarían mercando nestes intres, as empresas eléctricas españolas.

Pero esto no nacaba aquí. Xa que unha noticia deste calado, debería estar en tódalas portardas, e só aparece hoxe en La Voz de Galicia, cunha noticia un pouco cutre creo eu. Pero bueno, xa sabemos todos que a man do ladrilllo o cubre todo.

Como experciencia persoal, decirvos que cando eu estaba buscando piso para mercar, nalgún sitio, ofrecíannos pisos de protección oficial, que costaba sobre 12-13 millóns oficiais da antiguas pesetas, pero que tiñamos que pagar en “negro” ata os 23 millóns de pesetas!!. Que era unha ganga!!. Que forte tío!!.

Como se o Concello/Xunta/Estado non soubera destas cousas, o que pasa é que non lle interesa destapalas.

Non son o único….menos mal…

Jajajaja, parece ser que non son o único que sente algo de obsesión por IKEA. A xente de Microsiervos, creo que tamén teñen esa vena obsesiva…jajajaja, e gracias a eles descubrimos esta marabilla de páxina.

Pero o mellor de todo, como sempre, as frases de Chuck Norris:

Chuck Norris no necesita pasear por el autoservicio de IKEA: mira fijamente el carro con gesto agresivo y los paquetes que quiere caen en él por sí mismos

E tamén este y este outro sitio sobre Chuck.

Atando cabos

Xa parezo un blog de prensa do coraZón.

Acabo de ler en “La Voz de Galicia” a Zuper notiZia, de que a señorita Leticia con Z, vai te-lo seu segundo fillo!!(dioooos, outro Borbón mais!!).

Agora xa sei porqué non se acercaron a Xapón para ver gaña-lo mundial de baloncesto ao seu pais. Claro!! como a a señita estaba embaraZada, non vaia ser que o jetlag, afectara ao embrión. Manda nariZes!!

Total, pagamos todos!!. A subi-la tasa de natalidade que anda moi baixa últimamente aquí en España. Viva a realeZa!!.

ActualiZación: Amigo!, agora tamén sabemos porqué está tan delgada…….tanto deporte non podía ser bó.

ActualiZación II: Estiven pensando que ao mellor non foron porque a señora estivera embarazada, senón porque, estaban disfrutando da final dende o seu televisor de plasma LG.

Amiga “famosa”

Un día destos nos que o sono non te aborda, e o único que fas, é dar voltas na cama, o primeiro que fas é irte ó salón a ve-la tele e facer zapping ata que os párpados dos teus ollos se cerran.

Pero houbo un día en que todo foi diferente. Mentras pasaba canles e mais canles, detivenme na reén saida “La Sexta”, alí, nun programa nocturno onde unha marabillosa presntadora, te invita a facer unha chamada de télefono para gañar así 6000€.

Bueno, pois o tema non pasaría a maiores se non fora porque a cara da presentadora erame coñecida. Unha amiga de toda a vida que marchara pa Madrid a estudiar “Comunicación audiovisual”, dende aquela, todos, lle perderamo-la pista.

Buscando, buscando, atopo que realmente a miña suposición confírmase. É ela!!(fixádevos nos nomes das presentadoras), mais por comentarios de outros amigos, tamén descubro, xunto coa miña irmá que xa uns a descubriron, e outros tamén.

Que tritste, chegar a televisión para que só te recoñezan polo teu aspecto. Espero que non lle pase o mesmo á miña irmá, xa que en outbro comeza a traballar no “Show dos tonechos“.

Para a marabillosa presentadora de “La Sexta”, unha gran aperta e ánimos dende a súa terra natal. Galiza.

Algunhas respostas de exames

Vía Chuza, descubro unha web, na que podemos atopar ata 50 respostas a preguntas de exames, nas que as risas, son inevitables.

Algo de humor para pasa-la tormenta Gordon que hoxe anda de paseo por Galiza.