Archivos en el mes de Septiembre del 2006

Eu de santo e sin enterarme

Acabome de enterar vía Microsiervos, que hoxe é o día do programador. E vos preguntaredes porqué hoxe?, pois moi sinxelo, hoxe é o 28 día do ano. Como se che quedou o corpo?. Geek, que eres un geek.
Que pasedes un bó día do programador.

Ao final, chegou a sorpresa

Fai seis meses que vos comentei que me sacaran unha foto mentras conducía. Pois hoxe, fíxose realidade a miña sospeita, e chegoume unha carta certificada de Tráfico. Pois sí amigos!, era unha multa!!, de 200€, por conducir, nunha zona de 80 a 110 Km/h. Agora que fago, lla reclamo ó xefe por ser en horario laboral, ou ma como eu soiño. Bueno, non sei que facer, vou intentar baixarme o BackTrack a ver si se me pasa o disgusto.

Adicto

Hola, chamome Jose, e son adicto a internet. (aplausos)

Levo dous días como tolo buscando unha distro linux en livecd chamada BackTrack, que non hai forma de baixala directamente da web, nin por ftp.

O mito dos catálogos de IKEA

Eu non sei, pero o de que os catálogos de IKEA, se venden nos kioskos. Nin de coña!!. Coñecedes alguén que o atopara e o comprara nunha librería, kiosko ou comercio alternativo?. Eu non teño ese privilexio.

Preguntando polos sitios, todo o mundo te responde que xa non lle quedan, que só lle chegaron cinco e voaron. Está claro!, se realmente lles chega algún, serán para os amigos, parellas, coñecidos, etc… e despois os queridos clientes.

A semena pasada, preguntei en Guitiriz, e o agradable do kioskero respondeume que aínda non lle chegaran. Iluso de mín, que pensei, que era a miña oportunidade de conseguir algún dos preciados catálogos. Hoxe volvín polo mesmo sitio, e o “agradable” do home, respondeume de forma moi borde, que estaba farto de que lle preguntaran polo (literalmente), “puto catálogo”, que non sabía se llo ían enviar e que directamente non volvera por alí. Esto que quere decir: pois que pediu 3, dos cales, un para el, outro para a irmá e outro para a moza.

Os catálogos de IKEA, son coma as meigas: “Habelos, hailos. O carallo é atopalos”.

Viva IKEA!!.

Significado de “gallego”…..

Según a Real Academia Española, a verba “gallego” significa para eles esto:

gallego, ga.
(Del lat. Gallaecus).

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.

2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.

3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.

4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.

5. adj. C. Rica. tonto (ǁ falto de entendimiento o razón).

6. adj. El Salv. tartamudo.

7. m. Lengua de los gallegos.

8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.

9. m. C. Rica. libélula.

10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.

11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.

Sen comentarios….

Para poder cambia-la definición desta palabra, os amigos da CiberIrmandade da Fala están facendo unha campañ coma moitas outras para enviar un mail ao responsable do diccionario.

Só 5 minutos do teu tempo mentras navegas para poñe-lo teu nome e pulsa-lo botón enviar. Tí decides se permites esta aldraxe.