PR-G2, Monte Aloia
Onte foi un día perfecto para facer unha camiñate, aínda que a primeira hora os nosos cús;s seguían pegados na cama, a media día, conseguimos levantarnos e facer algo productivo.
E quée fixemos?, pois decidir unha ruta de sendeirismo, cal? pois a do Monte Aloia (en Tui). Coma sempre, perdemonos, antes de atopalo comezo da ruta, e claro, cando conseguimos aparcar (o parque estaba ateigado de turistas e domingueros), xa eran as tantas e só fixemos 3/4 partes do recorrido, que non estiveron nada mal, xa que ao non ser circular, habí que face-lo recorrido de volta.
Un recorrido bonito, entre pedruscos e pinares, pena do día nublado que non se miraba o mar, pero bueno, teremos que repetir para rematalo.
Actualización: Fotos



























