Archivos en el mes de Marzo del 2008

Actualización

Muxicas.com tamén se actualiza, e pasa á WP 2.5.
Poría un detalle do que tés que facer, pero xa hai miles de usuarios por ahí, así que busca un pouco e seguro que atopas algún.

O coste dunha voda en Galicia alcanza os 20.000€

Cando estou cos meus compis e salta o tema do coste das vodas, sempre hai discusión, xa que hai algún que dí que son un negocio e o resto, opinamo-lo contrario, NON SON UN NEGOCIO!.

Según esta nova, sacada de “La Voz de Galicia”, o coste das vodas en Galicia sube aos 19.550€ para 100 invitados. Facendo as miñas contas, resulta, que aínda que o total dos invitados te regale cartos, e que a media, andará por 125-150€ por comensal:

100 x 150 = 15000

15000 - 19550 = -4550

Um, eu non son un hacha nas matemáticas pero a mín non me dan as contas. Nunca é un negocio, agás que vivas delas :).

Vía: La Voz de Galicia 

Aprendendo inglés

Se de repente te entran unhas ganas insaciables de aprender inglés e te apuntas a HomeEnglissh ou CCC ou mercas un dos miles de coleccionables que existen, antes diso, repito, ANTES de todo iso. Escoita este podcast (dura 1hora pero vale a pena, sobre todo, a partir do minuto 11, o profesor é un crack):

Se tés problemas para reproduci-lo, proba dende aquí ou podelo baixar para escoitar noutro momento.

As veces…sinto vergoña allea

Vía: Vaughan Radio

OCNI á vista

Sí, OCNI, dixen ven, é o nome da empresa que acaba de arranca-la miña irmá, qué cómo xa vos dixen, dedicaránse á imaxe corporativa (logos, imaxen empresarial, campaña publicitaria, e todo o relacionado có mesmo). Así que xa sabedes, se algún día vos preguntan por unha empresa así, xa sabedes qué responder. :). Son moi boas. Xa gañaron algún que outro premio en carteis de festas e logos para corporacions varias.

Vía: OCNI

Emprendedoras

A miña irmá acaba de montar unha empresa con unha compañeira de imaxen corporativa e comunicacións, deséxolle dende aquí toda a boa sorte do mundo. Sorte IRENE!

Crear unha empresa - La Opinión

Obstáculos dunha muller xoven ao crear unha empresa