Este fin de semana, a miña moza mais eu, decidimonos a face-la ruta PR-G29, que coincide que tén unha conexión con GR-94. Listos de nós e por falta de experiencia neste mundillo, empezamos a segui-las marcas vermellas (para largo recorrido) pensando que ían face-lo mesmo traxecto que o corto recorrido pero dando unha volta mais amplia.
Despois de 2horas camiñando despois de deixar atrás o enlace, deducimos que aquel sendeiro non ía ao mesmo sitio que o que nós inicialmente queríamos facer, así que decidimos dar volta, menos mal, xa que ó chegar a casa, comprobamos cal era o percorrido do GR-94, e resulta, que sae dende Vigo (A Madroa) e chega a Santiago.
As marcas vermellas correspondense cos sendeiros de largo recorrido, é dicir, de mais de 50Km. Ahí é nada!.
Conclusión: Leva sempre un mapa, ou dous. Se empezas seguindo as marcas amarelas, sigue as marcas amarelas, leva teléfono (por se rematas en santiago e non tés en qué volver, jejejeje).
Share this Post[?]



