Bendita internete!

Como parece que esto non tén trazas de solución, ao final, vou ter que tirar do plan B:
– Solicita-la cancelación inmediata, dos nosos datos no seu ficheiro de información.

Cómo??. Pois primeiro necesitamos sabe-lo nome da sociedade da que está detrás de FUNZIONA, para elo, facemos varios intentos sobre algunha base de datos de empresas polo nome comercial. Se non temos éxito, o segundo sería tan sinxelo como tirar dun WhoIs e tate!!, xa temo-lo seu nome fiscal.
Agora, con esto, só temos que ir a páxina da “Axenda de Protección de Datos” e poñe-lo seu nome fiscal na razón social do responsable do ficheiro, ou xogar cos diferentes campos de busca para atopa-lo que queremos.
E nada mais, cubri-lo modelo que atoparemos na propia páxina da AGPD i envia-lo por correo certificado ao responsable do ficheiro.
No plazo de 10 días se non obtés resposta ou é negativa, podes solicita-la tutela da propia AGPD para que intermedie na cancelación.

Bendita internete!! canto se aprende.

Por certo, o CIF, xa foi algo mais complexo de conseguir pero grazas a que non tramitaron unha multa de tráfico aparece nun BOE (público) como pendente de declara-lo conductor do vehículo.

Share this Post[?]
        

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply