Xa é de todos coñecido, o meu pouco cariño cara a “Princesa” LetiZia (teño que deixar constancia, por se as moscas, que non estou en contra da monarquía. Hai que andar con pés de chumbo neste mundo, que calquera cha mete doblada:) ), pero o do outro día xa é outra gota que colma o vaso.
Para empezar, aquí vos deixa a famosa foto que lle molestou a Casa Real.

Princesa LetiZia

E vos diredes, pero si non está facendo nada raro….non se mete o dedo no nariz, nin se está urgando os oidos cos cubertos, nin mascando un palillo, nin nada polo estilo, entón, eu, preguntome. Qué lle puido molestar para decilo en público?, non lle chegaba con enviarlle unha carta privada ao rei saudí,noooon, tiña que facer partícipe a toda España para facerse notar, que xa facía tempo que non saía nos medios.
Eu non me vou extender mais, porque se me poño a soltar por esta boquiña, non remato nun par de séculos…
Para saber mais detalles sobre o “drama” da foto podes seguir lendo “La Casa del Rey molesta con Arabia Saudí por la publicación de una foto de la princesa Letizia”, publicado en 20Minutos. Que triste.

Actualización: Buf!Tiña que soltalo: Qué tontiña se nos está poñendo a Princesa. Non me quere nin imaxinar cando sexa “super” “hiper” “mega” Raiña de España.

Share this Post[?]
        

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply