Hoxe en “La Voz de Galicia”, aparece unha noticia moi graciosa onde o ministro de interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, admitía:
Interior tomará medidas específicas para reducir a mortalidade en Galicia
Segundo Pérez Rubalcaba, na comunidade galega «costa máis» que se rexistre un descenso no número de vítimas mortais, e sobre este aspecto indicou que «algo estrutural ten que haber»
Agora de repente, non están tan ben feitas as cousas, claro, como non lle saen ben as porcentaxes do maravilloso carné por puntos, pois agora, hai un “problema estructural“, mentras centos de persoas morren nas estradas galegas, por culpa de “despistes, velocidade, alchohol…, non, que vai ser da estrada…que estaba mal peraltada, ou que tiña un asfalto peor para aforrar, que non drenaba correctamente a auga…etc..etc..”, e que grazas a este problema estructural estamos pagando as tarifas mais altas de toda España nos seguros dos nosos coches.
Coño, que obrigen as aseguradoras a facernos un desconto por “un problema estructural” nas nosas vías. Pero eso, non interesa.
Porqué non se fan as cousas ben dende un principio, se ó final quen paga todo esto, somos nós, coma sempre.
Canon por “problema estructural” para os galegos!! XA!!
Share this Post[?]



