Eu non sei, pero o de que os catálogos de IKEA, se venden nos kioskos. Nin de coña!!. Coñecedes alguén que o atopara e o comprara nunha librería, kiosko ou comercio alternativo?. Eu non teño ese privilexio.

Preguntando polos sitios, todo o mundo te responde que xa non lle quedan, que só lle chegaron cinco e voaron. Está claro!, se realmente lles chega algún, serán para os amigos, parellas, coñecidos, etc… e despois os queridos clientes.

A semena pasada, preguntei en Guitiriz, e o agradable do kioskero respondeume que aínda non lle chegaran. Iluso de mín, que pensei, que era a miña oportunidade de conseguir algún dos preciados catálogos. Hoxe volvín polo mesmo sitio, e o “agradable” do home, respondeume de forma moi borde, que estaba farto de que lle preguntaran polo (literalmente), “puto catálogo”, que non sabía se llo ían enviar e que directamente non volvera por alí. Esto que quere decir: pois que pediu 3, dos cales, un para el, outro para a irmá e outro para a moza.

Os catálogos de IKEA, son coma as meigas: “Habelos, hailos. O carallo é atopalos”.

Viva IKEA!!.

Share this Post[?]
        

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply