Un día destos nos que o sono non te aborda, e o único que fas, é dar voltas na cama, o primeiro que fas é irte ó salón a ve-la tele e facer zapping ata que os párpados dos teus ollos se cerran.
Pero houbo un día en que todo foi diferente. Mentras pasaba canles e mais canles, detivenme na reén saida “La Sexta”, alí, nun programa nocturno onde unha marabillosa presntadora, te invita a facer unha chamada de télefono para gañar así 6000€.
Bueno, pois o tema non pasaría a maiores se non fora porque a cara da presentadora erame coñecida. Unha amiga de toda a vida que marchara pa Madrid a estudiar “Comunicación audiovisual”, dende aquela, todos, lle perderamo-la pista.
Buscando, buscando, atopo que realmente a miña suposición confírmase. É ela!!(fixádevos nos nomes das presentadoras), mais por comentarios de outros amigos, tamén descubro, xunto coa miña irmá que xa uns a descubriron, e outros tamén.
Que tritste, chegar a televisión para que só te recoñezan polo teu aspecto. Espero que non lle pase o mesmo á miña irmá, xa que en outbro comeza a traballar no “Show dos tonechos“.
Para a marabillosa presentadora de “La Sexta”, unha gran aperta e ánimos dende a súa terra natal. Galiza.
Share this Post[?]




Tio, no nos hagas las ganas si despues pones el lnk mal…