Fai mais de dous meses que me decidín xunto coa miña moza a cambiarnos de compañía telefónica, para que nos fixeran unha boa oferta nun novo teléfono.
Tiñamos claro que queríamos un Sony-Ericsson (que por certo, estos días andivo cambiando a súa web), con 3G, e a miñ moza, quería que fora de abrir.
Con todo esto, cada vez que pasabamos por unha tenda de Vodafone, parábamos a mira-las ofertas. E esta chamounos mais a atención que calquer outra.
Así que de un dí para outro, compramo-lo devandito teléfono, que aínda que non sexa de abrir, cumple os demais requisitos. Agora, unha semana despois, por fin Yoigo se decidiu a abri-las súas portas, E CON QUÉ OFERTAS SEÑORES!!!. Non só en teléfonos, senon tamén en tarifas (as mais baixas de tódalas existentes.). E o peor de todo, un marabilloso Sony-Ericsson de abrir!!
Eu, xa sabía que a finais deste ano, saerían novas compañias, as cales, farían boas ofertas para atraer clientes pero a impaciencia de cambiar de teléfono, fastidiouno todo!.
Moralexa: Non sexas impaciente.
P.D. Cambio
por 




