Xa levo tempo sen escribir nada, unhas veces por lacazanería e outras por falta de tempo. Pero hoxe é tanta a indignación, que necesitaba desafogarme un pouco con vós, que sodes os únicos que non vos queixades.
.
Parece que todo segue igual, (políticos, técnicos, especialistas, etc..). Nada nos fixo valora-lo noso litoral, con aquel desastre do Prestige.
Queremos ve-las nosas costas cinguidas de amarelo?, que facemos entón, agardando a que o armador do barco nos dé un plan de actuación. Non temos xente suficientemente preparada en Galiza para dirixir estos delicados temas, ou non son da cor política que nos gustaría.
Pensabamos que por botarlle un pouquiño de auga por enriba, os gases, arrefiarín, masi non está dando resultado. Agora cal é o seguinte paso?. Derriba-lo barco a golpe de misil?, ou teremos que agardar a ve-los fiiños de fume amarelo, para decatarnos que a nosa costa, está cuberta por un rastro de productos químicos.
Share this Post[?]



