Como saberedes, tou en pleno proceso de compra de piso, e claro, agora que se acerca o momento, hai que ir mirando electrodomésticos para a cociña. E xa que hai que hipotecarse, pois hipotecarse ata as narices
, e por eso andamos mirando os da marca Siemenes.
Chegados a este punto, empezas a mira-las características de cada un e a mirar cousas raras, raras…que si tecnoloxía punta por aquí, que si tecnoloxía por alá. Bueno, o tema, é que o frigorífico que nos gustaba usa un novo concepto de frío que é: Técnica AllFrost, que polas indicacións que trae na propia páxina de Siemens, pois non o aclara moito, que digamos.
Así que me puxen a buscar por internet, algo, sobre esta técnica…..e non atopei nada de nada….pero como son tan cabezón pois chamei directamente a Siemens (902 11 88 21), alí atendeume unha rapaza moi amable e agradable que me explicou bastante ben, o funcionamente e diferencias de:
O NoFrost, non xenera escarcha, e non hai que desconxela-lo frigorífico en ningún momento da súa vida.
Básicamente a gran diferencia, é que un xenera escarcha e o outro non, pero para gustos…..cores.
Espero servir de axuda a alguén que esté no mesmo caso que eu, e atope aquí, parte da información que anda buscando.
Share this Post[?]



