FatBlogging

Con retraso mal e arrastro inauguro esta nova sección na que contarei as miñas experiencias relacionadas co arte de adelgazar e así aproveito e xa que onte estiven ceando na casa de Rick, e comentando o tema das “Barriguitas cerveceras” a ver se tamén o incito a que conte as súas experiencias. :) .

Levo case 5 meses de dieta, e creo que vai bastante ben, xa levo cerca dos 18 kilos!, e aínda que a miña idea era contarvos todo esto dende o principio, pois xa sabemos como é isto de postear…hoxe non, porque non podes, mañá que non te apetece, etc..etc..etc..

O princpial das dietas, é quere facela, estar convencido e realmente ter bastante forza de vontade. Se careces dalgún destes puntos, esquécete, nunca conseguirás nada. Pero podes intentanlo de todas maneiras :) .

Despois, veñen as comidas: 5 veces ao día (3 principais e 2 secundarias). Comer mais verduras, mais peixe, dúas pezas diarias de froita e auga, moita auga.
O exercicio tamén axuda, así que si non eres deses deportistas de elite, e o maior deporte que fas é levanta-lo brazo, para que o puto mando, por fin cambie de canle no televisor, pois deberías empezar por abaixo. Irte a camiñar, empezas por media hora, e rematas como eu, camiñando unha hora, e correndo outra media. Agora xa é un vicio, xa o pide o corpo, necesita moverse. É un gustazo, ir correr e non bota-los fígados.

Bueno, creo que por hoxe e para se-lo primieiro post, non está nada mal.
Vos seguirei contando, xa que este non será o ultimo post que escriba nesta sección, aínda me queda un pouco por baixar, polo menos chegar aos 83-85 kilos, así que imaxinade cómo estaba.

Ánimo a todolos que o están intentando!!.

Vía:Directo al paladar, Calacanis, Adios a los kilos, PcActual, Correo Galego

Share this Post[?]
        

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply