Moito tempo levo traballando a diario cun portatil, e pendiente de si chegaban ou non chegaban correos.
Ao principio pensei que sería bó que o “marabilloso” Outlook (sí uso Outlook, pasa algo?? Grrrr, é por culpa da PDA, que conste) me avisara cada vez que me chegara un correo. Dito e feito, parametricei os avisos visuais e cada vez que me chegaba un correo, saltaba un aviso, tipo messenger, (sí, tamén uso o messenger……), “Nuevo mensaje de correo….”, e claro, a impaciencia e curiosidade, facía que a miña vista se desviara do que estaba facendo para dirixirse ao texto do novo mail, e claro, obligabame a abri-lo Outlook para ler completamente o correo.
Fai un par de semanas decidínme a desactivar tódolos avisos visuais para non andar tan despistao, e centrarme mais no traballo, e non perder un valioso tempo revisando o correo.
Dende esa, creo que gañei en “productividade”, “concentración”, e seguro que nalgún punto mais. Estou moi contento coa miña decisión, e aínda que xa non respondo aos correos urxentes con tanta urxencia,
, levo moito mellor o traballo.




