Políticos

Hoxe, tiven que leva-lo coche ao taller (en Vilagarcía) para que me cambiaran o tapizado dunha porta, xa que éste, desprenderase. Como ín tardar un rato, decidín ir a hotel próximo ao concesionario e tomarme algo para facer mais curta a espera. Alí, debí estar facendo un mitín algún partido político de Vilagarcía/Salnés xa que unha furgoneta de TeleSalnés tiraba os seus cables a través das fiestras. Bueno, ata aquí, nada importante, se non fóra porque ao remataren, os “señores” políticos sentaronse ao meu carón, eran 5 ou 6, e a verdade é que non falaban nada baixo, e a miñ presenza, creo que non os inquedaba moito, xa que falaban dunhas cousas un tanto delicadas…
Notabanse que era de como calquer outra persoa, sen preocuparse o mais mínimo se eu estaba grabando a conversa ou non (e iso que saquei a pda, o movil e todo para enriba da mesa, pero non se cortaron nada).
Un deles debía ser asesor do que se presenta nestas eleccións, ou algo así por que dixo:

“Eu non teño esa cualidade para ser político, e iso que levo xa 2-3 anos metido nesto…”

ao que outro sen pudor espetou.

“Claro!! tí non tés estómago para facer certas cousas”

A partir de ahí intentei centrarme no xornal, xa non quería saber nada mais, pero as súas palabras taladrabanme a cabeza, así que optei por largarme e ir buscalo coche, xa eran horas.

Sí señores e señoras!!, estos son os nosos políticos.

Share this Post[?]
        

No Responses to “Políticos”

  1. on 22 May 2007 at 18:48Rick

    Ya sabes cual es el truco: esperar lo mejor y estar preparado para lo peor.

    Tu ll

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply