Archivos en la categoría Frikis

Post dende a PO.Party08!

Bueno, aínda que ando cambiando actualizando o blog, hoxe acerqueime con Rick ao pavellón do Principe Felipe en Pontevedra para disfrutar do ambiente desolación desta party. Xa vos contaremos..

Por fin se confirma!! -pero aínda teremos que agardar bastante-

Ikea confirma que abrirá as dús tendas en Galicia antes do 2015.

Amiga “famosa”

Un día destos nos que o sono non te aborda, e o único que fas, é dar voltas na cama, o primeiro que fas é irte ó salón a ve-la tele e facer zapping ata que os párpados dos teus ollos se cerran.

Pero houbo un día en que todo foi diferente. Mentras pasaba canles e mais canles, detivenme na reén saida “La Sexta”, alí, nun programa nocturno onde unha marabillosa presntadora, te invita a facer unha chamada de télefono para gañar así 6000€.

Bueno, pois o tema non pasaría a maiores se non fora porque a cara da presentadora erame coñecida. Unha amiga de toda a vida que marchara pa Madrid a estudiar “Comunicación audiovisual”, dende aquela, todos, lle perderamo-la pista.

Buscando, buscando, atopo que realmente a miña suposición confírmase. É ela!!(fixádevos nos nomes das presentadoras), mais por comentarios de outros amigos, tamén descubro, xunto coa miña irmá que xa uns a descubriron, e outros tamén.

Que tritste, chegar a televisión para que só te recoñezan polo teu aspecto. Espero que non lle pase o mesmo á miña irmá, xa que en outbro comeza a traballar no “Show dos tonechos“.

Para a marabillosa presentadora de “La Sexta”, unha gran aperta e ánimos dende a súa terra natal. Galiza.

Significado de “gallego”…..

Según a Real Academia Española, a verba “gallego” significa para eles esto:

gallego, ga.
(Del lat. Gallaecus).

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.

2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.

3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.

4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.

5. adj. C. Rica. tonto (ǁ falto de entendimiento o razón).

6. adj. El Salv. tartamudo.

7. m. Lengua de los gallegos.

8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.

9. m. C. Rica. libélula.

10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.

11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.

Sen comentarios….

Para poder cambia-la definición desta palabra, os amigos da CiberIrmandade da Fala están facendo unha campañ coma moitas outras para enviar un mail ao responsable do diccionario.

Só 5 minutos do teu tempo mentras navegas para poñe-lo teu nome e pulsa-lo botón enviar. Tí decides se permites esta aldraxe.

Gracias

É hora de da-las gracias:

Gracias aos veciños de tódolos pobos.

Gracias á xente xoven que tanto se critica, por estar loitando contra o lume en todo momento.

Gracias ao exército, que aínda que tarde, a súa intervención axudou bastante.

Gracias aos bombeiros.

Gracias aos brigadistas.

Gracias a tódolos profesionais que estaban de vacacións e as deixaron para vir a Galicia a axudar.

Gracias aos voluntarios.

Gracias á chuvia por aparecer.

Gracias a todos.