ASP.NET 2.0 e Sharepoint Services 3.0

Hoxe estiven instalando o Sharepoint Services 3.0, e cando comezaba a instalación me saltaba un erro de que necesitaba te-lo ASP.NET 2.0 cómo extensión permitida no IIS, e que o único que podía facer era volver reinstala-lo IIS. Despois de googlear un pouco, descubrín que si instala-lo .NET Framework 2.0 despois do IIS, éste último non colle dita versión.

Entón, o que temos que facer, é instala-lo .net framework antes de nada, despois instalalo IIS e se isto non funciona, abrimos unha ventana de liña de comandos:

cmd > cd c:\windows\microsoft.NET\Framework\v2.0.50727

cmd > aspnet_regiis -i

Listo!, este comando o que fai, é rexistra-la librería aspnet_isapi.dll no IIS, o que nos permitirá continua-la instalación sen ningún problema.

Actualización: podes atopar mais información detallada aquí