Pradolongo

Cartel Pradolongo Unha película de Ignacio Vilar. Unha historia de amor a tres bandas, na que a despoboación do rural e a destrucción da natureza para explotación de louxa, se fan un hueco.

Todo o filme xira ao redor de Pradolongo, unha Lagoa do macizo de Pena Trevinca, na que a historia de 3 rapaces que xogaron de nenos ao caron da mesma, se cruzan cando estos son maiores.
Os seus actores principales, Rubén Riós (Martiño), Tamara Canosa (Raquel) e Roberto Porto (Armando) fan que toda a historia sexa interesante de principio a fin.
Persoalmente, os escenarios nos que transcurre a película, fixéronme lembrar partes da miña infancia…esas lareiras, esos bancos, o forno, todo!.

Aínda que esta entrada a teño preparada dende fai dúas semanas, é agora, nun rato que teño, cando a publico. Supoño que a estas alturas, a película xa non estará nos cines, pero aínda así a recomendo encarecidamente.